Aquí presentamos a nosa sala de exposicións virtual cuns exemplos seleccionados de traballos xa realizados con produtos deseñados e elixidos por nós. Son exemplos de traballos diferentes cos que nos identificamos plenamente e que mostran o noso perfil multidisciplinar. Como o virtual sempre ten algo de irreal, gustaríanos emocionar a todo o que o desexe, visitándonos na nosa sala de exposicións física de máis de 700 m2 situada na Estrada.